Rebeca Blanco-Rotea (Consello da Cultura Galega, USC), Noemí Basanta (Centro de Estudos Galegos, UMinho), Sara Traba (Dictora de cine), Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega (Encarna Otero) e María Manuela dos Reis Martins (UMinho).
SINOPSE
O ciclo de cine galego-portugués ten como obxectivo promover o intercambio cultural entre Galicia e Portugal a través do soporte audiovisual. Toma como punto de partida tres fíos conductores, interrelacionados entre si, que remiten a temáticas transversais, de plena actualidade e grande preocupación social: a situación das mulleres e o empoderamento das sociedades rurais, así como a súa relación co patrimonio material e inmaterial. A actividade divídese, polo tanto, en tres xornadas nas que se proxectan un ou varios materiais audiovisuais, seguidos dun debate-coloquio no que se conta coa participación dos directores/as, o público e unha figura representativa de cada unha das institucións implicadas na organización do evento. Trátase da Universidade do Minho, a través da Vicerrectoría da Cultura e Sociedade e o Centro de Estudos Galegos, o Consello da Cultura Galega, a través da Comisión de Igualdade e a Sección de Patrimonio e Bens Culturais, o Instituto Camões e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Páxina de Facebook.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=”1/2″][vc_images_carousel images=”260,262,263,261,265,259,264″ img_size=”medium”][/vc_column][vc_column width=”1/2″][/vc_column][/vc_row]